
Club de Tenis As Pontes
O Club Tenis As Pontes foi creado en 1999, a principal actividade do club é a promoción do tenis a nivel local e comarcal, organizando actividades ao longo do ano.
Unha das principais actividades é a xestión da Escola de Municipal de Tenis das Pontes, da cal saíron bos xogadores a nivel galego, chegando a ser campións galegos por equipos infantil de 2 categoría. A escola que xestiona o club, esta integrada por nenos e adultos, cuxa finalidade é dar a coñecer este marabilloso deporte mediante clases e torneos entre escolas.
Outros eventos e colaboracións a destacar son o tradicional Torneo Festas do Carme (actualmente na vixésima cuarta edición), torneo entre escolas, o torneo por equipos (Sistema Copa Davis – Autonómico), cursos de promoción de tenis, clases de perfeccionamento e competición, tamén colaboramos con a asociación de ASPANAES das Pontes, ofertando a actividade de tenis.
Noticias destacadas
BASES XXIX TORNEO SAN RAMON 2022 (3º Memorial Juan Jose Pereira Vazquez)